02 Nov
X Feira de Outono, Ponteareas
E despois de sábado en Mos, arrancamos dereitos a Ponteareas para pechar a X Feira de Outono que se celebra os días 3, 4 e 5. Pola tarde, a partir das 17:30h, o noso compañeiro Josinho da Teixeira e o gran Luís O Caruncho, poñerán en valor a improvisación oral en verso, tan coñecida regueifa.
Nada máis rematar, tócanos coller as rendas da festa. Animámosvos a vir despedir a fin de semana.
Comentarios ( 0 )