loading

Arquivos

24 Ago

XVI NOITE DE LÚA MEIGA, O VISO

Este sábado volvemos para o sur,  e non para descansar,  se non para desfrutar do festival con mellores vistas do país. Este sábado 26 de Agosto,  chega o XVI Festival do Lúa Meiga no Viso,  Redondela. MeighaChimpins,  xogos populares, xantar popular,  Cé Orquesta Pantasma,  Peter Punk, Mariam Bañobre, Isabel Risco, Sons da Mina,  Volta e […]

FB_IMG_1503584042762
24 Ago

Tanto Nos Ten en San Orente, Serra de Outes

E seguimos.  Mañá venres,  25 de Agosto, volvemos ao ataque.  E desta tócanos facer parada nas festas de San Orente,  na serra de Outes.  Tres días de festa que comezan cunha noite de concertos con Tanto Nos Ten,  Son do Galpón e un Dj. No Adro da Igrexa a partir das 22:30h, comeza a festa! […]

IMG-20170806-WA0006
18 Ago

Romaría de Moraime, Muxía

Esto é un non parar. Seguimos de festa e desta vez atacamos ao norte. Lugar coñecido, festa coñecida e xente festeira. Regresamos de novo a Muxía,  desta vez a romaría San Roque de Moraime en Muxía. E sabemos de sobra que festa non vai faltar e desta vez menos posto que estaremos con grandes compañeiros. […]

FB_IMG_1502956105385
16 Ago

MeixonMusic, Redondela

Mañá Xoves,  17 de Agosto, xogamos na casa.  Estaremos a partir da 21:00h facendo a festa dentro da programación do MeixonMusic organizado polo Café da Vila e A Tenda da Candelaria,  na praza Meixón Frío de Redondela.  Vide botarnos unhas bailas e coller ánimos para rematar a semana con ganas moita festa.    

IMG-20170816-WA0007
11 Ago

XI Mercado das Rutas do Mar, Muxía

Este sábado 12, estaremos de novo en terra mariñeira. Durante todo o día,  andaremos a recorrer e animar cada un dos postos presentes no XI Mercado das Rutas do Mar que se celebra este sábado e domingo na vila mariñeira de Muxía. Non faltará de nada.  Pasádevos a desfrutar o día en terras da Barca. […]

SAVE_20170811_112951
08 Ago

Festas do Monte, A Guarda

Este mercores 9 de Agosto, collemos rumbo a Guarda para animar as Festas do Monte que se celebran no centro social Fuscalho. Ese mesmo día,  haberá cantos de taberna, por se vos animades a enganchar a festa dende o principio. Aí vos queda o cartaz ca información. É mercores,  pero que nin falte a festa!!!!

FB_IMG_1501808923916
03 Ago

IV Serán dos Loureiros, Arra (Montalvo)

Este sábado,  e por cuarto ano consecutivo Tanto Nos Ten estaremos no IV Serán dos Loureiros que se celebra nas inmediacións a praia de Arra en Montalvo.  Durante a xornada do sabado haberá Feira de Productos Galegos, con degustacións, exposicións,  música….  E pola noite,  serán a cargo de todos os grupos que se desexen anotar. […]

FB_IMG_1501759454186
2024 © Tanto Nos Ten | Desarrollado por JacoboProl.comCorreoAdminRaider