loading
08 Mar

8M Tanto Nos Ten

Agarremos as tesoiras, hai moitos fios que cortar.
Cortemos os fíos que atan e privan de liberdade, fíos que asfixian un sentir. Cordas invisibles que son visibles. Desas que reteñen os teus dereitos, só por se ti. MULLER. Cortemos fíos e cosamos redes. Agarremos as tesoiras moradas e esfiañemos todo aquilo que reforza a miserentos miserables, que usan a forza, a humillación, a ameaza, a chantaxe e a manipulación forxando unha falsa superioridade. Eses que medran derrubando almas, levantando a voz, levantando a man e baixándolle a mirada á igualdade.
Esfiañemos a estructura de poder patriarcal que invisibiliza ao máis grande do país.
Hoxe e sempre, alzamos as tesoiras e continuamos cortando fíos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Comentarios ( 0 )
2024 © Tanto Nos Ten | Desarrollado por JacoboProl.comCorreoAdminRaider