loading

Blog

07 Feb

Tanto Nos Ten na Arca de Noe

Este próximo venres estaremos facendo festa no interior do país. Toca Ourense. Toca na Limia. Toca en Vilar de Santos. Toca na Arca de Noe. Dando comezo ao entroido a partir das 22:00h. Esperamosvos impacientes e con gaña de moita moita festa!!!

16298981_1398877836843759_8892371506778931606_n
12 Dec

Tanto Nos Ten no Cruceiro, Chapela

Inda que vos pareza que este momento xa pasou e foi certo, volverá a repetirse un ano despois. Tanto Nos Ten estaremos no Bar Cruceiro de Chapela o próximo sábado 17 a partir das 21:00h. E si, de novo estaremos cos nosos compañeiros de festa Os Carunchos. Última festa antes de rematar o ano. Animádevos […]

IMG-20161120-WA0005
21 Nov

VII Magosto Furtivo

O próximo 26 de Novembro, estaremos no VII Magosto Furtivo do Viso, Redondela. Os nosos compañeiros do Polisóns da Teixeira serán uns dos encargados da sesión vermouth. Pola tarde, xogos populares e moita musica tradicional con Follas Verdes, Anaquiños Aluarado, Gaiteiros da Chan das Pipas, Peter Punk (paiaso) e Volta e Dálle. Animadevos que augardente […]

IMG-20161118-WA0000
13 Ago

Verbena Galega

Mañá domingo día 14 de Agosto, estaremos en Viana do Bolo dentro da programacion da Verbena Galega. Estaremos acompañados da Banda da Balbina e un picadiscos. Os Ramistas serán os grandes presentadores da festa. Vas perder a oportunidade de escoitarnos e botar unhas bailas?

IMG_20160813_191119
11 Ago

Festival 27373, Begonte

Este sábado 13 de Agosto, estaremos no festival 27373 de Begonte, Lugo. A partires das 19:30 no clube fluvial de Begonte andaremos a facer festa xunto con O Leo Arremecághona e as Habelas Hainas. Haberá un lote de actividades mais. No cartel tedes toda a informacion. Animádevos!!

13872982_10202187957098554_2842839898664499195_n
2020 © Tanto Nos Ten | Desarrollado por JacoboProl.comCorreoAdminRaider